A vida por diante  image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: Abril 2006
Fin de emisión: Decembro 2007
Xénero/s: Drama
Director/es: Carlos Sedes
Actor/es: Belén Constela, Berta Ojea, Eduardo Rodriguez, Fernando Morán, Irene Álvarez, isabel Martínez, Jorge Ricoy, Lino Braxe, María Salgueiro, Marta Pazos, Mela Casal, Miguel de Lira, Sara Vidal, Tomar Novas, Victor Mosqueira, Xavier Deive, Xosé Arca, Xosé Barato
Tempadas: 3 tempadas
Capítulos: 80 capítulos

Pasou máis dun ano da morte dos catro mariñeiros do Santoña. As viúvas tiveron que superar moitos momentos duros e, ás veces, faltáronlles as forzas, pero xuntas conseguiron chegar ata aquí. Agora máis ca nunca, teñen toda unha vida por diante...
Nesta nova etapa, as viúvas comenzarán a ver a vida con renovada ilusión e haberá máis sitio para o humor... e para o amor tamén. Marta terá un novo noivo, Lucía debaterase entre dous homes e incluso unha das protagonistas vivirá de preto a homesexualidade.
Renata loitará por recuperar á súa filla, e Sofía comezará a sentir os achaques da idade.

Opinión persoal: é de dicir, estou gratamente sorprendida, creo que é a primeira serie galega no que se trata o suicidio entre xóvenes provocado polo acoso escolar. Sei que a serie non xira en torno a esto pero tiña que mencionalo. Esta serie trata sobre catro mulleres que queren refacer a súa vida despois da morte dos seus maridos. Hei de dicir que aínda non rematei a serie polo tanto nos vos podo contar máis, pero en canto a remate contareivos máis.

Aquí vos deixo un enlace para poder ver os capítulos http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/a-vida-por-diante


I BUILT MY SITE FOR FREE USING