FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 3 de setembro de 2003
Fin de emisión: non coñecido
Xénero/s: acción, aventuras, animación, familia
Director/es: Christophe e Benoît Di Sabatino
Actor/es de dobraxe: Óscar Fernández, Ana Ouro, Montse Davila, Antón Ja, Chema Gagino, Teresa Santamaría, Xerardo Couto, Matías Brea, Roberto Reboioro, Isabel Vallejo, Chelo Díaz, Tuto Vazquez, Xosé Manuel Rodríguez
Capítulos: 52

A serie está baseada en Garage Kids que trata de catro estudantes adolescentes que van á Academia Kadic, chamados Jeremie, Yumi, Odd e Ulrich, que descobren a Aelita, unha humana virtual, e viaxan a Lyoko por medio duns escáneres situados nunha fábrica abandonada. Teñen como misión defender a terra de XANA.
XANA trátase dun virus informático que toma posesión da supercomputadora e ataca ao mundo virtual de Lyoko, creado polo pai de Aelita, para conseguir a dominación do mundo. Ataca ao mundo activando as "torres", xeralmente de unha en unha, que actúan como acoplamentos ao mundo real. Os catro amigos teñen que virtualizarse usando os escáneres da fábrica, para axudar a Aelita a atopar a torre que está activa. Son unhas corenta torres dispersas polos cinco sectores de Lyoko: xeo, deserto, bosque, montaña e Cartago. Mentres que Jeremie se encarga de detectar os diferentes monstros que lles fan a vida imposible, guiarlles polo bo camiño e axudarlles todo o que pode dende a fábrica, os outros loitan contra estes monstros que XANA envía para que non cumpran co propósito de desactivar a torre.
Para desactivar a torre, Aelita ten que entrar nela e teclea o código (Lyoko), e así deter a XANA e máis seu ataque contra o mundo verdadeiro. Despois de conseguilo, a supercomputadora pode iniciar o "regreso ao pasado", se o ataque de XANA foi de grande importancia, deixando só cos recordos do devandito ataque aos nosos heroes.

Opinión persoal: súper recomendada, unha serie que xa non se emite (aínda que non coñezo ben a fecha de finalización) e que todos botamos de menos. Unha serie na que todos nos enamoramos dos persoaxes e que todos os rapaces queríamos ser como eles, nas que soñabamos con poder ir algún día a Lyoko. Na que os rapaces xogabamos a ser eles e nos peleabamos por ser o noso personaxes favorito. Pode que sexa repetitiv@ pero e que coas series do Xabarín Club a gran maioría das persoas crecemos e podo dicir que volver a vela e como voltar a esa época dos nosos primeiros anos de vida.

Aquí tedes un enlace onde poder ver os capítulos:
I BUILT MY SITE FOR FREE USING