FICHA TÉCNICA:Inicio de emisión: outubro de 2004
Fin de emisión: maio de 2005
Xénero/s: comedia
Director/es: Beatriz del Monte
Actor/es principais: César Goldi, Cristina Castaño, Laura Ponte, Mónica Camaño, Pepe Soto, Xosé Barato, Xulio Abonjo
Tempadas: 1 tempada
Capítulos: 33 capítulos
Esta serie de outubro de 2004 conta as vivencias de dous mozos e unha moza duns vinte anos que comparten un piso de estudantes nunha cidade calquera. Sebastián, un mozo nervioso, algo histérico e bastante inocente que estudia medicina mentres, traballa como testador, cobaia de toda clase de medicamentos e probas, ademais é incapaz de mentir; Lucía é a súa curmá, é unha rapaza traballadora responsable e boa estudante pero moi maniática e mandona e Fran, un vividor atractivo especializado en non dar pancada, aproveitase dos demais.
Opinión persoal: a min esta serie non pode evitar recordarme a unha versión galega da famosa serie do "94
Friends. Isto e provocado as similitudes tanto entre os personaxes, donde por exemplo podemos relacionar a Lucía con Mónica; como nos escenarios, o bar/café no que adoitan quedar lémbrame ao café no que traballa Rachel; como no argumento que non deixa de ser una panda de amigos que viven xuntos ou porta con porta. Polo tanto, creo que si eres fan da famosa serie non podes perderte esta versión galeguizada.
Aquí vos deixo un enlace onde poder ver os capítulos:
http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/cuarto-sen-ascensor/v/capitulo-1-coma-cans-e-gatos