Doraemon, o gato máxico image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 1979
Fin de emisión: 
Xénero/s: animación, familia, aventuras
Director/es: Ayumu Watanabe
Actor/es de dobraxe: Charo Martínez, Xermana Carballido, Tonia Fuentes, Ana Ouro, Antía Jiménez, Helena Amoedo, Chelo Díaz, Manuel Pombal, Nacho Castaño, Maria José Collazo, Isabel Vallejo, Xoán Diéguez, trini Morenza, Ana Santos, Teresa Santamaría, Nora Abad, Catherina Martínez, Beatriz Bravo, Jorge Pedrosa.
Capítulos: +950 capítulos

Nobita Nobi é un neno de 10 anos sen grandes preocupacións na vida. Un día un gato robot grande aparece polo caixón do seu escritorio e preséntase coma un viaxeiro do século XXII, ao mandaron para que a súa lacazanería non leve á perdición a súa familia. E para isto posúe un peto máxico con aparellos cos que calquera cousa que se imaxine se pode convertir en realidade.

Opinión persoal: igual que pasa con Shin-chan é unha serie que estivo moi presente na infancia e adolescencia de moitos de rapaces. Parte da programación do Xabaríl Club, todos sufrimos os cantos de Xigante, a chulería de Suneo e a vagancia de Nobita. Todos vimos a Nobita namorarse de Shizuka e todos quixemos ter un amigo cun peto máxico como o de Doraemon.
Sin duda unha serie que todos os rapaces deben ver.
I BUILT MY SITE FOR FREE USING