FICHA TÉCNICAInicio de emisión: 8 de febreiro de 1990
Fin de emisión: 11 de xullo do 2012
Xénero/s: anime, infantil e xuvenil
Director/es: Daisuke Nishio
Actor/es de dobraxe: Jorge Pedrosa, Tonia Fuentes, Julio Lorenzo, Luz Tellería,Carolina Vázquez, Óscar Fernández, Antonio Durán, Alfonso Agra, Manuel Pombal, María José Collazo, Charo Martínez, Teresa Santamaría, Xosé Lois, Trinidad Morenza, Antón Pazos, Bernardo Xosé, Santiago Pousa, Julio Lorenzo, Fernando Bustelo, Santiago Pousa, Helena Amoedo, Ana A., Maika Aguado, Juan Diéguez, Alicia Borrás, Fernando Barreiro, Gonzalo Faílde, Tacho González, Coté Sansegundo
Capítulos: 291 capítulos
As bólas máxicas conta as aventuras do protagonista Son Goku, un forte e inocente rapaz que, despois de encontrarse con Bulma, proponse reunir as sete bólas do Dragón que conceden desexos. Despois de converterse en alumno do experto en artes marciais Mestre Mutenroi, el e o seu compañeiro e amigo Krilín compiten nun torneo que atrar ós meirandes loitadores do mundo. Despois emprende unha viaxe só e acaba enfrontándose e destruíndo o Exército de Red por si mesmo. Cando Krilín é asasinado despois doutro torneo, Son Goku busca vingarse do seu asasino, Piccoro Daimaō. Tres anos despois, Son Goku, agora un mozo adulto, debe loitar contra o fillo de Piccoro Daimao, Piccoro. Os restantes 325 capítulos do manga foron adaptados na serie anime Dragon Ball Z.
Opinión persoal: outra das series pertencentes á programación do espazo do Xabarín Club, e sin duda outra serie que marcou a varias xeracións, e todo comezou con esta serie basada no manga. Desta serie pouco podo dicir pois non vin moitos capitulos, tan só podo dicir que é unha serie digna de ver si eres fan dos mangas e do anime.