El final del camino image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 11 de xaneiro de 2017 
Fin de emisión: 1 de marzo de 2017
Xénero/s: histórica, de aventuras
Director/es: Miguel Alcantud Díaz, Óscar Pedraza Fernández, Miguel Conde Otero
Actor/es: Antonio Velázquez, Asier Etxeandia, Javier Rey, Begoña Maestre, Cristina Castaño, Guillermo Barrientos, Jaime Olías, Petricia Peñalver, Manuel de Blas, Juan Fernández, Ismael Martínez, Maxi Iglesias
Tempadas: 1
Capítulos: 8
Duración: 75 min

O final do Camiño" é unha serie de aventuras que recrea os convulsos anos da construción da catedral de Santiago, entre 1075 e 1120. Producida por Voz Audiovisual para Televisión de Galicia e Televisión Española, esta superprodución de oito capítulos conta con impactantes decorados para poñer contexto á historia de tres irmáns e á súa relación con personaxes da época como os bispos Peláez e Xelmírez, ou a raíña dona Urraca.A ficción arranca cun ataque sarraceno que acaba coas vidas dos pais dos irmáns De Catoira e marca para sempre os seus destinos. Gonzalo convértese en soldado cristián, Estevo, en aprendiz de construtor e traballador das obras da catedral, e Pedro, secuestrado de cativo, nun fervoroso guerreiro musulmán. Os tres serán pezas clave na historia do seu tempo, coñecendo a ambición do bispo Peláez por edificar un templo que compita con Roma, a de Alfonso VI por conseguir o maior imperio cristián da época, a da raíña Urraca por ostentar o poder dun rei, ou a de Yusuf Ibn Tasufin por acabar cos cristiáns da península. Haberá tamén personaxes anónimos que encarnan o día a día da Compostela da época, como un médico xudeu que loita por salvar vidas contra os mandatos da Igrexa, un monxe que pon o contrapunto á ostentación e vanidadedas autoridades relixiosas ou un comerciante con pouca ética que ansía unha cidade próspera.

Opinión persoal: o primeiro que teño que dicir e que a serie conta con bastantes estereotipos, televisión española tivo como outras moitas veces a intención de facer unha serie que ensine historia a mesma vez que entreten. Eu na miña opinión hei de dicir que non quedei de todo satisfeita pois paréceme un pouco forzado todo, e nótase que a serie non tiña un gran presuposto pola sensación de falsedade dos decorados e para min ten demasiada mestura de personaxes. Polo tanto quizáis si vos gustan as series de historia podedes probar a vela pero sen duda eu quedei decepcionada

Aquí vos deixo o enlace para ver os capítulos: http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/o-final-do-camino-proximamente

  • Aínda que a serie fíxose tanto en castelán como en galego, no link atoparedes a serie en galego

I BUILT MY SITE FOR FREE USING