Heidi image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 2013 (en Galicia)
Fin de emisión: xuño 2013 (en Galicia)
Xénero/s: animación, familia, anime, kodomo
Director/es: Isao Takahata
Actor/es de dobraxe:
Capítulos: 52 capítulos

Heidi é unha meniña de cinco anos de idade, orfa de pai e nai, é levada pola súa tía Dete ás montañas suízas a vivir co seu avó unha vez que esta cre que xa cumpriu co seu deber. Ó principio, o "Vello do Alpes", como é coñecido nas aldeas veciñas, non está moi pola labor de ter que coidar da nena. Porén, a inefable tenrura e alegría da súa neta, fai que ós poucos vaia mudando de carácter, non só con ela senón que tamñén co resto da veciñanza.
Heidi descubriu unha encantadora vida nas montañas e non desexa liscar. Axiña fai amizade cun pastorciño chamado Pedro, e xuntos toman agradables paseos nas montañas coas cabras. Heidi rapidamente gaña o cariño de todos, mesmo da avoa de Pedro, unha anciá débil e cega. Desgraciadamente, unha gran tristura aféctaos a todos o día en que Dete retorna para levar a Heidi canda ela, xa que asegura ter atopado un bo traballo na cidade de Frankfurt (Alemaña) e alá Heidi servirá como compañeira para Clara Sesemann, a filla do señor Sesemann. Na cidade, Heidi descobre que Clara está enferma e non pode camiñar, dependendo dunha cadeira de rodas para se poder mover, alén diso, decatarase que é unha nena de moi bo corazón, pronto farán unha grande amizade. Neste novo fogar Heidi terá que soportar á estrita Señorita Rottenmeier, con quen nunca logrará levarse ben. Cando Heidi volte por fin onda seu avó e os seus amigos nas montañas dos Alpes, recibirá a visita de Clara e maila súa avoa, e aló, nas montañas, realizarase un milagre que será unha grande alegría para todos.

Opinión persoal: como xa tamén pasou nas dúas últimas reseñas desta categoría e pasará en moitas destas reseñas, esta serie é un clásico que todos os rapaces deben ver polo menos unha vez na vida. Con cancions que todo o mundo sabe aínda que poda que non sepas de onde proceda ese mítico "Avoiño dime ti...". Ou a de comparacións que todos temos feito coa Señorita Rottenmeier. Ademais de todas estas cousas é unha serie digna de ver polos valores que transmite, como a amizade entre Heidi e Clara. E recoméndoa tanto para nenos como adultos.
I BUILT MY SITE FOR FREE USING