FICHA TÉCNICA:Inicio de emisión: febreiro de 2005
Fin de emisión: maio de 2013
Xénero/s: drama
Director/es: Mariana Carballal, Marta Piñeiro
Actor/es: Abelardo Gabriel, Arián Viador, Alejandro Neira, Anxo Carbajal, Carlota Luaces, Casilda Alfaro, Celso Parada, Diana Nogueira, Gonzalo Uriarte, Graziel Zavatti, Iolanda Muíños, Iria Vázquez López, José María López, Lois Seoane, Lucía Regueiro, Maika Braños, Manolo Romón, Manuel San Martin, Mara Sánchez, Suso Cortegoso, Rubén Ríos, Miro Margariños, Paco Lodeiro.
Tempadas: 22 tempadas
Capítulos: 320 capítulos
Trátase do retrato de tres familias galegas pertencentes a distintos estratos sociais, residentes en Santalla. Os Cabanas, labradores de toda a vida e os propietarios dun ultramarino, conviven cos Lamela, saga de caciques que teñen contas pendentes cos Freire, indiáns que regresan da emigración logo de facerse ricos en Venezuela.
Ó longo de toda a serie, a familia é o núcleo central e todo xira en torno ó que lles sucede, directa ou indirectamente a cada un deles. Retrátase a Galicia dos anos sesenta, na que empezan a emerxer as coopertativas, a industria e comezan a chegar os cartos da emigración.
Opinión persoal: é unha serie tipo "Cuéntame" e esta ben, pero hai cousas que non me gustaron. Si, a serie está baseada nos anos sesenta pero non podo evitar que non me gusten os comentarios machistas ditos incluso por mulleres. É case todo un cúmulo de tópicos, tendo en conta que as mulleres só visten faldas e mandiles. Foi una decepción que fixeran así a serie, pero isto que é, estamos na época de reivindicar as mulleres que cambiaron a historia. Do personaxe do que non teño queixa e María Cabanas que en vez de cantar e bailar quere seguir aprendendo. O argumento... na miña opinión está moi utilizado en moitas series como a xa nombrada "Cuéntame", "Aida", "Modern Family", "The middle" e "The Goldbergs". Pero sin duda garda máis parecido coa primeira e a última serie nombradas xa que se desarrolla nunha época anterior.
Se ti adoitas ver este tipo de series creo que che pode gustar bastante.
Aquí déixovos un enlace onde podedes ver os capítulos:
http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/libro-de-familia/v/capitulo-1-santalla-non-ven-no-mapa