FICHA TÉCNICAInicio de emisión: 3 de xaneiro de 2019
Fin de emisión: actualidade
Xénero/s: drama
Director/es: Giselle Llanio, Manuel Espiñeira
Actor/es principais: Luís Iglesia, Miquel Ínsua, Susana Sampedro, Sabela Arán, César Cambeiro, Camila Bossa, Josito Porto, Adrián Ríos, Desiré Pillado, Sara Sanz, Simón de la Torre, Nacho Nugo, Paulo Rodríguez, Aída Blanco, Mónica García, Alberto Rolán, Patricia Torres, Víctor Fábregas, Bárbara Gradío.
Tempadas: 1 tempada
Capítulos: - - -A familia Mendoza chega desde Madrid a Viguña despois de apropiarse do balneario da vila. Así comeza un enfrontamento entre eles e a familia do Marqués de Miño, que pretendían poñer eles a andar o negocio. No mesmo tren chega Marta Souto -que arrastra un pasado despoñecido- para encargarse da educación do fillo do marqués.
Opinión persoal: unha interesante e intrigante serie cunha caracterización exquisita e unha moi boa actuación dos actores e actrices. Unha serie que nos conta conflitos entre familias, romances prohibidos, matrimonios de conveniencia e amizades incribles. Estón máis que enganchada a esta serie coa que xurde o meu odio, a miña risa e
a miña indignación, recórdame un tanto ao "Secreto del Puente Viejo" e de corazón espero que esta serie sexa tan lonxeva e querida como a xa nombrada serie da primeira.
Déixovos aqui un enlace para ver os capítulos:
http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/lobos-e-cordeiros/v/lobos-e-cordeiros-3999701