FICHA TÉCNICAInicio de emisión: 9 de decembro de 1985
Fin de emisión: 30 de decembro de 1985
Xénero/s: drama, historia
Director/es: Andrés Vicente Gómez
Actor/es: Jose Luis Gómez, Omero Antonutti, Charo López, Victoria Abril, Pastora Vega, Nacho Martínez, Fernando Rey, Chus Lampreave, José Luis Manzano
Tempadas: 1 tempada
Capítulos: 4 capítulos
Aos Pazos de Ulloa, un recóndito e salvaxe paraxe, onde a relixión e a bruxería, as paixóns e a política, se entretexen en plena natureza, chega Don Xulián, un curita delicado e de sensible pureza que foi enviado como administrador de hacienda do Marqués. A súa chegada terá imprevisibles consecuencias. Don Pedro, marqués de Ulloa, un señor feudal empobrecido e corrupto, vese impedido a casarse con Nucha, unha señorita da cidade, curmá súa, para que o hostil e cruel ambiente dos pazos constituirá unha infernal pesadelo. Sabel, criada da perversa beleza, ca que o Marqués tivo un fillo bastardo, é a figura oposta a fráxil Nucha.
Opinión persoal: creo que esta é a serie máis antiga que traio para este recunchiño do blogue, unha serie dos 80. E por culpa de iso deixa cousas que desexar. Por exemplo fálanos dunha Galicia bruta e analfabeta, donde o esotérico xoga un papel demasiado relevante. Entendo que se quere dar unha imaxe da España profunda pero déixanos ao pobo galego como os incultos e maleducados. Sen duda a trama vai floxeando ao longo dos capítulos. E iso que tan só ten catro. Como conclusión é de dicir que esta serie defraudoume completamente, non é que tivera as espectativas altísimas pero sen duda baixáronseme todavía máis ao vela.
Aquí deixovos o enlace para ver a serie:
http://www.rtve.es/television/pazos-ulloa/- ATENCIÓN: A SERIE EMÍTESE EN CASTELÁN