Mar adentro  image
FICHA TÉCNICA
Tipo: película
Xénero: drama, biográfica
Protagonizada: Javier Bardem, Belén Ruedas, Lola Dueñas, Mabel Rivera, Celso Bugallo
Dirección: Alejandro Amenábar
Produción: Alejandro Amenábar, Carlos Núñez
Guión: Alejandro Amenábar, Mateo Gil
Idioma: castelán, galego, catelán
Duración: 125 min
Fecha de estreno: 2004

Ramón leva case trinta anos encerrado no seu corpo, postrado nunha cama ao coidado da súa familia. A súa única fiestra ao mundo é a da súa habitación, xunto ao mar, polo que tanto viaxou e onde sufriui o accidente que interrumpiu a súa xuventude ao lanzarse ao mar en As Furnas (Porto do Son), sen haber suficiente profundidade. Dende entón o seu único desexo é rematar coa súa vida mediante o suicidio asistido, desexo truncado por ser unha práctica ilegal en España.

Opinión persoal: como galeg@ sintome profundamente orgullosa de que unha película que trata sobre un galego e cuxo título é inspirado por unha canción da escritora Rosalía de Castro sexa receptora de tantos premios e nominacións. Entre elas, Premio Óscar a mellor película de fala non inglesa (gañadora), mellor maquillaxe (nominda), gañadora de catorce Premios Goya de quince nominacións que tiña, gañadora dun Premio Globo de Oro, dun Premio Independent Spirit entre outros tantos.
É unha película digna de ver aínda que algún críticos a traten de empalagosa e mediocre é un incrible filme que trata un tema tachado moitas veces de tabú como é a morte, e máis si é unha morte causada por voluntade propia. Pero se que case todos os que vimos a película entendemos a súa decisión porque a ninguén lle atrae a idea de ser unha carga para os seus seres queridos e non poder valerte por mesmo. Recoméndovola ver aínda que agora os seus gráficos non nos parezan tan incríbles.
I BUILT MY SITE FOR FREE USING