mareas vivas  image
FICHA TÉCNICA: 
Inicio de emisión: 
decembro de 1998
Fin de emisión: 
febreiro de 2003
Xénero/s: 
comedia
Director/es: 
Antón Reixa
Actor/es: 
Ana Santos, Carlos Blanco, Isabel Blanco, Joaquín L. Caamaño, Luis Tosar, Luis Zahera, Manuel Lourenzo, María Louro, Sonia Castelo, Santi Romay, Tuto Vazquez, Xosé Manuel Olveira "Pico", Rebeca Montero, Mela Casal, Miguel de Lira, Patricia Fernández Aufiero, Paco Campos
Tempadas: 
8 tempadas
Capítulos: 
152 capítulos

O día a día dunha vila mariñeira, Portozás, onde chega Andrés Domínguez, avogado, solteiro, a facerse cargo do xulgado de instrucción no partido xudicial máis pequeno de Galicia. Axiña irá comprobando, que un xuíz destas características precisa case máis de sensibilidade humana que de coñecementos xurídicos.
A súa inexperiencia xudicial vai ser o Talón de Aquiles de Pitusa, a veterana secretaria do xulgado, unha muller madura, nativa do lugar e dotada dunha ironía cortante, e tamén de Berta, a forense, outra "urbanita" desprazada coma él.
Andrés, vai vivir de aluguer nunha casa propiedade de María, xove e presunta viúva dun náufrago, Suso, e nai da pequena Iria. A relación entre o xuíz e a súa caseira vaise estreitando pouco a pouco, aínda que interrompida por
Mónica, ex-noiva de Andrés que non da por finalizada a súa relación.
Andrés establece o contacto coa vida na vila, no bar da confraría, rexentado por Celso "o Petróleo", solteiro, trotamundos que percorrera tódolos mares e que decidira regresar ó seu lugar de orixe para asentar a súa vida. O bar de Petróleo é frecuentado polos mariñeiros do porto e moi asiduamente por:
Arturo "o Mangüi", xove un tanto heavy, taxista e carteiro; Chano, un ex-obxector encargado de protección civil, con sede no bar; e Evaristo Currás, mariscador e agricultor, casado cunha dominicana, Belinda.
O concello de Portozás está rexido por Sara Vázquez, solteira, unha emprendedora alcaldesa independente, filla de Celia Rei, unha próspera e dominante peixeira de sempre na lonxa de Portozás, que ademais é propietaria do supermercado onde traballa María.
A alcaldesa, ó parecer é a moza de Ladislao, torpe picapreitos que fixo a carreira gracias ós cartos do seu pai, Ramón Couto, o verdadeiro poder fáctico da vila polos seus múltiples negocios. Os conflictos entre todos estes
personaxes van evolucionando a través de toda a serie, ó tempo que en cada episodio iranse sucedendo tramas relacionadas co marisqueo furtivo, emigrantes retornados, mariñeiros inadaptados en terra, lendas de naufraxios, pequenos escándalos, rivalidades de veciños ou tantos outros aspectos da vida social de Portozás e da Costa da Morte.

Opinión persoal: desta serie podo dicir que todos os que a vemos viaxamos a Portozás para ver como lles vai a vida aos veciños deste pobo. Donde podemos atopar romances, tertulias, fuxitivos e lugares de encontro onde todo se comenta. Como en todas as series galegas podemos disfrutar das nosas preciosas paisaxes.

Déixovos aquí o enlace para ver a serie: http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/mareas-vivas

I BUILT MY SITE FOR FREE USING