O APÓSTOLO image
FICHA TÉCNICA
Tipo: película
Xénero: animación stop-motion 3D
Protagonizada: Carlos Blanco, Paul Naschy, Jorge Sanz, Geraldine Chaplin, Luis Toscar, Xosé Manuel Olveira, Celso Bugallo, Manuel Manquiña, Isabel Blanco
Idioma: galego, español
Duración: 72 minutos
Fecha de estreno: 2012

Un convicto recentemente fugado do cárcere intentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea galega; mais o que alí atopará supón unha condena todavía maior da que fuxiu. Tétricos anciáns, estrañas desaparicións, pantasmas, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzarán os seus camiños nunha historia de terror, humor e fantasía.

Opinión persoal: nesta ocasión traio comigo unha película de animación que é un tanto máis tétrica do que estamos acostumados. Aínda así a película está moi ben, cuns grandes detalles nos bonecos, o feito de que sexan de plastilina tráenos recordos da famosa serie "La oveja Shaun", é unha pena que por non ser unha animación de pixar, disney ou así déselle tan pouca importancia. O que sí e un incríble conto de intrigas, santa compaña e ladróns, mais perfectamente adaptado a un público infantil. Sen duda recoméndova.

Déixovos aquí un link para ver a película: http://www.oapostolo.es/

I BUILT MY SITE FOR FREE USING