O FARO image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: outubro de 2013
Fin de emisión: 
Xénero/s: drama
Director/es: Gerardo Rodríguez, Jesús Font
Actor/es principais: Adrian Castiñeiras, Alejandro Carro, Anibal Soto, Belén Constenla, Carlos Olalla, Cesar Goldi, Chisco Amado, Clara Gallo, Fernando Tato, Julia Möller, Laura Ponte, Luisa Merelas, Manuel Millán, Manuel Regueiro, Sonia Rua, Susana Sampedro, Xoel Fernández, Rebeca Montero, Raquel Espada, María Tasende, Marta Lado, Miro Magariños, Pedro Freijeiro, María Mera
Tempadas: 7 tempadas
Capítulos: 510 capítulos

Benvidos ao Faro, un restaurante familiar onde se serve comida caseira, un lugar querido por todos onde a camareira, Lucía, lembra os gustos de cada un dos clientes, onde a avoa Fina cumpre todos os caprichos destes, onde Ánxela ten o seu reino particular na súa cociña e onde se criou Xosé. Lucía criouse tamén entre estas mesas e aínda que ás veces soñe con montar o seu propio restaurante, moito máis urbano, cando O Faro a necesita vai ser a primeira en loitar por el.
No Faro acaban confluíndo todos os personaxes, todo ocorre aquí, é case un refuxio para moitos dos nosos protagonistas: Xesús atopa alí a familia que xa non ten cerca, Iolanda come o arroz con leite que xa ninguén lle fai, Pilar acode tras pechar a gasolineira… Moitos teñen incluso a súa mesa, e outros terana…
Pero a vida deste entrañable e apracible lugar que se mantivo en pé durante décadas vai cambiar para sempre, este negocio familiar que montaron os pais de Fina está ameazado, o que fará que os espectadores teñan a alma nun puño por saber cal será o futuro deste lugar.

Opinión persoal: pois como eu adoro as comparacións hei de dicir que esta serie recórdame profundamente á famosa serie chamada Aida. Esa gran familia formada a partir dun negocio como é O Faro, pero que en vez de ser só un bar ou un lugar de oficio, é un fogar, para todos aqueles que traballan nel e o visitan frecuentemente. Sen duda transmite unha sensación de familiaridade reconfortante. É unha desas series para facer maratón.

Déixovos por aquí o enlace para poder ver todos os capítulos: http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/o-faro

I BUILT MY SITE FOR FREE USING