O sabor das margaridas image
FICHA TÉCNICA:
Inicio de emisión: 3 de octubre de 2018
Fin de emisión: 7 de novemebro de 2018
Xénero/s: thriller policial
Director/es: Miguel Conde
Actor/es: María Mera, Ricardo de Barreiro, Toni Salgado, Nerea Barros, Miquel Insua, Claudia Basallo
Tempadas: 1 tempada
Capítulos: 6 capítulos

Rosa Vargas, tenente novata da policía xudicial da Garda Civil afanarase en pescudar que lle puido ocorrer á moza e así resolver o seu primeiro caso. Contará coa axuda do cabo Mauro Seoane e do brigada Alberto Figueroa, gardas civís do cuartel de Murias, cos que a relación non sempre será doada. O que parece un caso sinxelo vai complicarse e volverse máis escuro e perigoso cando a investigación da desaparición de Marta vaia sacando á luz outros segredos, misterios, asasinatos, chantaxes, drogas, prostitución… que ata ese intre permaneceran ocultos na vila “onde nunca pasa nada”.

Opinión persoal: É un intenso thriller cheo de sorpresas, onde o secuestro de Marta Labrada dá pé a unha historia de vinganza en que misterio e suspense conducen o espectador por este pequeno lugar cheo de segredos. Unha serie que nos fai disfrutar dos mércores pola noite, facendo que sexa interesante e que comamos as unllas. O sabro das margaridas podería estar ambientado e calquera sitio en vez de en Galicia, a historia sería igual, pero esta claro que as nosas terras e a nosa lingua aportan ese toque que a fan diferente. Ademais xoga moitos con nós, o espectador, conta cun final que non nos deixa indiferente a ningún.

Aquí tedes o enlace para ver os capítulos: http://www.crtvg.es/tvg/programas/o-sabor-das-margaridas-2
I BUILT MY SITE FOR FREE USING