FICHA TÉCNICAInicio de emisión: 20 de outubro de 1999
Fin de emisión: ---
Xénero/s: anime, acción, comedia, drama
Director/es: Eichiro Oda
Actor/es de dobraxe: Alfonso Valiño, Amelia Rodríguez, Ana Lemos, Andrés Bellas, Antón Cacelas, Antón Olmos, Antón Rubal, Beatriz García, Charo Pena, Chema Gagino, Daniel Lema, Gaspar Somoza, Gelos Rosado, Gonzalo Faílde, Helena Amoedo, Isabel Vallejo, Luís Iglesia, Manuel Pombal, Matías Brea, Miguel Pernas, Miriam Aldrei, Montse Davila, Nacho Castaño, Paco Barreiro, Teresa Santamaría, Xermana Carballido, Xosé tanas, Óscar Fernández.
Tempadas: ---Capítulos: +600
Monkey D. Ruffy comeu de neno, accidentalmente, un froito do demo. Ruffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou incontables corsarios na procura do tesouro perdido.
Ruffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantando áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro.
Nas súas aventuras, Ruffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe pola Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.
Opinión persoal: sen duda para aos amantes do galego e do anime é un privilexio ver unha serie de anime tan recoñecida e icónica como One Piece traducida ao noso idioma. A serie conta con acción a raudales mezclada cun gran humor e unha longa historia moi ben entrelazada. E entreten a un público dende os tres ata os cen anos. Recoméndolla a todos aqueles que busquen un bo anime en galego.