Vivir sen permiso image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 24 de setembro de 2018
Fin de emisión: ---
Xénero/s: thriller, drama
Director/es: Aitor Gabilondo, Manuel Rivas
Actor/es: José Coronado, Álex González, Claudia Traisac, Luis Zahera, Pilar Castro, Alex Monner, Ricardo Gómez, Giulia Charm, Carlos Hipólito...
Tempadas: 1 tempada
Capítulos: ---

Vivir sen permiso narra o declive dun líder poderoso, dominante e temido que controlou con man de ferro durante anos a súa localidade e o espectáculo cruel e despiadado que ofrecen os seus familiares e achegados por facerse co control do seu imperio. Pasións, rivalidades e intereses enfrentados; intensas tramas emocionais e persoais e momentos violentos e impactantes propiosdo thriller son os eixes en torno ao que se vertebra a serie.

Opinión persoal: como xa nos ocorreu con Fariña, outra serie ambientada en Galicia xira en torno ao negocio das drogas, salvo que neste caso é unha serie sacada por mediaset e non atresmedia. Quitando este estereotipo sobre a nosa terra, que parece expandirse cada vez máis, mediaset non nos defrauda cunha serie adictiva e emocionante. Cunha trama interesante que fai que non teñas gañas de levantarte do sofá e cun reparto que non deixa indiferente a ninguén. Coa estelar actuación de José Coronado que sempre nos sorprende, e coa colaboración daqueles actores galegos que non nos pasan desapercibidos polo noso marcado acento. Unha serie que recomendo ao 100%.

Aquí vos deixo un enlace para ver os capítulos https://www.mitele.es/series-online/vivir-sin-permiso/1537782138333

  • ATENCIÓN: A SERIE EMÍTESE EN CASTELÁN

I BUILT MY SITE FOR FREE USING