Galicia en series

Blogue para os amantes dos audiovisual en galego

Este blogue é un proxecto educativo, que ten coma fin transmitir a paixón pola nosa lingua e as nosas terras dunha forma audiovisual. Nesta páxina poderás atopar contidos moi diferentes: series propias nosas, series ambientadas nas nosas terras, animación en galego e outros tipos de espazos.


Cuarto sen ascensor image
FICHA TÉCNICA:
Inicio de emisión: outubro de 2004
Fin de emisión: maio de 2005
Xénero/s: comedia
Director/es: Beatriz del Monte
Actor/es principais: César Goldi, Cristina Castaño, Laura Ponte, Mónica Camaño, Pepe Soto, Xosé Barato, Xulio Abonjo
Tempadas: 1 tempada
Capítulos: 33 capítulos


Esta serie de outubro de 2004 conta as vivencias de dous mozos e unha moza duns vinte anos que comparten un piso de estudantes nunha cidade calquera. Sebastián, un mozo nervioso, algo histérico e bastante inocente que estudia medicina mentres, traballa como testador, cobaia de toda clase de medicamentos e probas, ademais é incapaz de mentir; Lucía é a súa curmá, é unha rapaza traballadora responsable e boa estudante pero moi maniática e mandona e Fran, un vividor atractivo especializado en non dar pancada, aproveitase dos demais.

Opinión persoal: a min esta serie non pode evitar recordarme a unha versión galega da famosa serie do "94 FriendsIsto e provocado as similitudes tanto entre os personaxes, donde por exemplo podemos relacionar a Lucía con Mónica; como nos escenarios, o bar/café no que adoitan quedar lémbrame ao café no que traballa Rachel; como no argumento que non deixa de ser una panda de amigos que viven xuntos ou porta con porta. Polo tanto, creo que si eres fan da famosa serie non podes perderte esta versión galeguizada.

Aquí vos deixo un enlace onde poder ver os capítulos: http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/cuarto-sen-ascensor/v/capitulo-1-coma-cans-e-gatos


Libro de familia  image
FICHA TÉCNICA:
Inicio de emisión: febreiro de 2005
Fin de emisión: maio de 2013
Xénero/s: drama
Director/es: Mariana Carballal, Marta Piñeiro
Actor/es: Abelardo Gabriel, Arián Viador, Alejandro Neira, Anxo Carbajal, Carlota Luaces, Casilda Alfaro, Celso Parada, Diana Nogueira, Gonzalo Uriarte, Graziel Zavatti, Iolanda Muíños, Iria Vázquez López, José María López, Lois Seoane, Lucía Regueiro, Maika Braños, Manolo Romón, Manuel San Martin, Mara Sánchez, Suso Cortegoso, Rubén Ríos, Miro Margariños, Paco Lodeiro.
Tempadas: 22 tempadas
Capítulos: 320 capítulos

Trátase do retrato de tres familias galegas pertencentes a distintos estratos sociais, residentes en Santalla. Os Cabanas, labradores de toda a vida e os propietarios dun ultramarino, conviven cos Lamela, saga de caciques que teñen contas pendentes cos Freire, indiáns que regresan da emigración logo de facerse ricos en Venezuela.
Ó longo de toda a serie, a familia é o núcleo central e todo xira en torno ó que lles sucede, directa ou indirectamente a cada un deles. Retrátase a Galicia dos anos sesenta, na que empezan a emerxer as coopertativas, a industria e comezan a chegar os cartos da emigración.

Opinión persoal: é unha serie tipo "Cuéntame" e esta ben, pero hai cousas que non me gustaron. Si, a serie está baseada nos anos sesenta pero non podo evitar que non me gusten os comentarios machistas ditos incluso por mulleres. É case todo un cúmulo de tópicos, tendo en conta que as mulleres só visten faldas e mandiles. Foi una decepción que fixeran así a serie, pero isto que é, estamos na época de reivindicar as mulleres que cambiaron a historia. Do personaxe do que non teño queixa e María Cabanas que en vez de cantar e bailar quere seguir aprendendo. O argumento... na miña opinión está moi utilizado en moitas series como a xa nombrada "Cuéntame", "Aida", "Modern Family", "The middle" e "The Goldbergs". Pero sin duda garda máis parecido coa primeira e a última serie nombradas xa que se desarrolla nunha época anterior.
Se ti adoitas ver este tipo de series creo que che pode gustar bastante.

Aquí déixovos un enlace onde podedes ver os capítulos: http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/libro-de-familia/v/capitulo-1-santalla-non-ven-no-mapa

Dalia, a modista image
FICHA TÉCNICA:
Inicio de emisión: 2015
Fin de emisión: 
Xénero/s: intriga e misterio
Director/es: Giselle Llanio
Actor/es:  María Mera, David Seijo, Cristina Collazo, Xoán Fórneas, Manuel San Martín, Mara Sáchez, Susana Sanpedro, Maria Roja, Rebeca Stones, Covadonga Berdiñas, Luisa Merelas, Fran Paredes, Fernando González, Mercedes Castro, Carolina Vázquez, Casilda Alfaro, Machi Salgado, Luis Seoaxe.
Tempadas: 1 tempada
Capítulos: 4 capítulos 

O argumento artéllase arredor dunha trama de misterio, amor e superación, ambientada nos anos 50. Conta a historia de Dalia, unha moza modista que chega a Prescedo, coa súa máquina de coser Singer, na procura de respostas sobre o suicidio de súa nai. Alí, descubrirá a dobre vida que levaba a falecida e atoparase cunha vila chea de segredos, onde loitará por facer realidade os seus soños de modista.
A serie foi gravada, entre outras localizacións, no pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, e nos concellos de Noia e Vedra.

Opinión persoal: sen duda unha historia increíble que cautivou a centos de espectadores, comigo incluída merecedora de todos esos premios aos que foi nominada. Desde aquí mando un aplauso aos actores, a perruquería, maquillaxe, vestiario e a escenógrafa/o. Unha serie que nos conta como ven di a sipnosis unha preciosa historia de amor, misterio e superación, na que ademais ainda que a muller e costureira lábrase un futuro.
Déixovos aquí o enlace para ver os capitulos: http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/dalia-a-modista/v/dalia-capitulo-1

A vida por diante  image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: Abril 2006
Fin de emisión: Decembro 2007
Xénero/s: Drama
Director/es: Carlos Sedes
Actor/es: Belén Constela, Berta Ojea, Eduardo Rodriguez, Fernando Morán, Irene Álvarez, isabel Martínez, Jorge Ricoy, Lino Braxe, María Salgueiro, Marta Pazos, Mela Casal, Miguel de Lira, Sara Vidal, Tomar Novas, Victor Mosqueira, Xavier Deive, Xosé Arca, Xosé Barato
Tempadas: 3 tempadas
Capítulos: 80 capítulos

Pasou máis dun ano da morte dos catro mariñeiros do Santoña. As viúvas tiveron que superar moitos momentos duros e, ás veces, faltáronlles as forzas, pero xuntas conseguiron chegar ata aquí. Agora máis ca nunca, teñen toda unha vida por diante...
Nesta nova etapa, as viúvas comenzarán a ver a vida con renovada ilusión e haberá máis sitio para o humor... e para o amor tamén. Marta terá un novo noivo, Lucía debaterase entre dous homes e incluso unha das protagonistas vivirá de preto a homesexualidade.
Renata loitará por recuperar á súa filla, e Sofía comezará a sentir os achaques da idade.

Opinión persoal: é de dicir, estou gratamente sorprendida, creo que é a primeira serie galega no que se trata o suicidio entre xóvenes provocado polo acoso escolar. Sei que a serie non xira en torno a esto pero tiña que mencionalo. Esta serie trata sobre catro mulleres que queren refacer a súa vida despois da morte dos seus maridos. Hei de dicir que aínda non rematei a serie polo tanto nos vos podo contar máis, pero en canto a remate contareivos máis.

Aquí vos deixo un enlace para poder ver os capítulos http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/a-vida-por-diante


O sabor das margaridas image
FICHA TÉCNICA:
Inicio de emisión: 3 de octubre de 2018
Fin de emisión: 7 de novemebro de 2018
Xénero/s: thriller policial
Director/es: Miguel Conde
Actor/es: María Mera, Ricardo de Barreiro, Toni Salgado, Nerea Barros, Miquel Insua, Claudia Basallo
Tempadas: 1 tempada
Capítulos: 6 capítulos

Rosa Vargas, tenente novata da policía xudicial da Garda Civil afanarase en pescudar que lle puido ocorrer á moza e así resolver o seu primeiro caso. Contará coa axuda do cabo Mauro Seoane e do brigada Alberto Figueroa, gardas civís do cuartel de Murias, cos que a relación non sempre será doada. O que parece un caso sinxelo vai complicarse e volverse máis escuro e perigoso cando a investigación da desaparición de Marta vaia sacando á luz outros segredos, misterios, asasinatos, chantaxes, drogas, prostitución… que ata ese intre permaneceran ocultos na vila “onde nunca pasa nada”.

Opinión persoal: É un intenso thriller cheo de sorpresas, onde o secuestro de Marta Labrada dá pé a unha historia de vinganza en que misterio e suspense conducen o espectador por este pequeno lugar cheo de segredos. Unha serie que nos fai disfrutar dos mércores pola noite, facendo que sexa interesante e que comamos as unllas. O sabro das margaridas podería estar ambientado e calquera sitio en vez de en Galicia, a historia sería igual, pero esta claro que as nosas terras e a nosa lingua aportan ese toque que a fan diferente. Ademais xoga moitos con nós, o espectador, conta cun final que non nos deixa indiferente a ningún.

Aquí tedes o enlace para ver os capítulos: http://www.crtvg.es/tvg/programas/o-sabor-das-margaridas-2
mareas vivas  image
FICHA TÉCNICA: 
Inicio de emisión: 
decembro de 1998
Fin de emisión: 
febreiro de 2003
Xénero/s: 
comedia
Director/es: 
Antón Reixa
Actor/es: 
Ana Santos, Carlos Blanco, Isabel Blanco, Joaquín L. Caamaño, Luis Tosar, Luis Zahera, Manuel Lourenzo, María Louro, Sonia Castelo, Santi Romay, Tuto Vazquez, Xosé Manuel Olveira "Pico", Rebeca Montero, Mela Casal, Miguel de Lira, Patricia Fernández Aufiero, Paco Campos
Tempadas: 
8 tempadas
Capítulos: 
152 capítulos

O día a día dunha vila mariñeira, Portozás, onde chega Andrés Domínguez, avogado, solteiro, a facerse cargo do xulgado de instrucción no partido xudicial máis pequeno de Galicia. Axiña irá comprobando, que un xuíz destas características precisa case máis de sensibilidade humana que de coñecementos xurídicos.
A súa inexperiencia xudicial vai ser o Talón de Aquiles de Pitusa, a veterana secretaria do xulgado, unha muller madura, nativa do lugar e dotada dunha ironía cortante, e tamén de Berta, a forense, outra "urbanita" desprazada coma él.
Andrés, vai vivir de aluguer nunha casa propiedade de María, xove e presunta viúva dun náufrago, Suso, e nai da pequena Iria. A relación entre o xuíz e a súa caseira vaise estreitando pouco a pouco, aínda que interrompida por
Mónica, ex-noiva de Andrés que non da por finalizada a súa relación.
Andrés establece o contacto coa vida na vila, no bar da confraría, rexentado por Celso "o Petróleo", solteiro, trotamundos que percorrera tódolos mares e que decidira regresar ó seu lugar de orixe para asentar a súa vida. O bar de Petróleo é frecuentado polos mariñeiros do porto e moi asiduamente por:
Arturo "o Mangüi", xove un tanto heavy, taxista e carteiro; Chano, un ex-obxector encargado de protección civil, con sede no bar; e Evaristo Currás, mariscador e agricultor, casado cunha dominicana, Belinda.
O concello de Portozás está rexido por Sara Vázquez, solteira, unha emprendedora alcaldesa independente, filla de Celia Rei, unha próspera e dominante peixeira de sempre na lonxa de Portozás, que ademais é propietaria do supermercado onde traballa María.
A alcaldesa, ó parecer é a moza de Ladislao, torpe picapreitos que fixo a carreira gracias ós cartos do seu pai, Ramón Couto, o verdadeiro poder fáctico da vila polos seus múltiples negocios. Os conflictos entre todos estes
personaxes van evolucionando a través de toda a serie, ó tempo que en cada episodio iranse sucedendo tramas relacionadas co marisqueo furtivo, emigrantes retornados, mariñeiros inadaptados en terra, lendas de naufraxios, pequenos escándalos, rivalidades de veciños ou tantos outros aspectos da vida social de Portozás e da Costa da Morte.

Opinión persoal: desta serie podo dicir que todos os que a vemos viaxamos a Portozás para ver como lles vai a vida aos veciños deste pobo. Donde podemos atopar romances, tertulias, fuxitivos e lugares de encontro onde todo se comenta. Como en todas as series galegas podemos disfrutar das nosas preciosas paisaxes.

Déixovos aquí o enlace para ver a serie: http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/mareas-vivas

lobos e cordeiros image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 3 de xaneiro de 2019
Fin de emisión: actualidade
Xénero/s: drama
Director/es: Giselle Llanio, Manuel Espiñeira
Actor/es principais: Luís Iglesia, Miquel Ínsua, Susana Sampedro, Sabela Arán, César Cambeiro, Camila Bossa, Josito Porto, Adrián Ríos, Desiré Pillado, Sara Sanz, Simón de la Torre, Nacho Nugo, Paulo Rodríguez, Aída Blanco, Mónica García, Alberto Rolán, Patricia Torres, Víctor Fábregas, Bárbara Gradío.
Tempadas: 1 tempada
Capítulos:  - - -A familia Mendoza chega desde Madrid a Viguña despois de apropiarse do balneario da vila. Así comeza un enfrontamento entre eles e a familia do Marqués de Miño, que pretendían poñer eles a andar o negocio. No mesmo tren chega Marta Souto -que arrastra un pasado despoñecido- para encargarse da educación do fillo do marqués.

Opinión persoal: unha interesante e intrigante serie cunha caracterización exquisita e unha moi boa actuación dos actores e actrices. Unha serie que nos conta conflitos entre familias, romances prohibidos, matrimonios de conveniencia e amizades incribles. Estón máis que enganchada a esta serie coa que xurde o meu odio, a miña risa e
a miña indignación, recórdame un tanto ao "Secreto del Puente Viejo" e de corazón espero que esta serie sexa tan lonxeva e querida como a xa nombrada serie da primeira.

Déixovos aqui un enlace para ver os capítulos: http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/lobos-e-cordeiros/v/lobos-e-cordeiros-3999701

Hospital Real image
FICHA TÉCNICA 
Inicio de emisión: Maio 2015
Fin de emisión: ​​​​Agosto 2015
Xénero/s: época, drama, romance, intriga
Director/es: Jorge Cassinello
Actor/es principais: Antonio Durán, Pedro Alonso María Vázquez, Pedro Freijeiro, Mariña Sampedro, Xosé Barato, Xúlio Abonjo, Luis Zahera, Susana Dans María Roja, Francis Lorenzo, Sonia Castelo, Nerea Barros, Miguel de Lira, Tamara Canosa, Javier Gutiérrez, Victor Duplá, Carlos Blanco.
Tempadas: 1
Capítulos: 15

Olalla Taboada é una rapaza campesiña que atopa a un home ferido no Camiño de Santiago. Resulta ser Daniel Álvarez Castro, un xoven compostelá que leva anos estudando e traballando nun hospital de París e que se ve obrigado a regresar a casa pola orde dos seu pai. É o herdeiro dunha das familias máis ricas de Santiago. Daniel e Olalla namóranse, e ela, animada por Daniel, decide viaxar a Santiago para cumprir o seu sono de ser enfermeira no Hospital Real, ademais de casarse con el.
A partir de aquí, iranse sumando personaxes e o amor cederá terreo á intriga, asasinatos e venganzas, coa mediciña e un delicado contexto social e político como paño de fondo.

Opinión persoal: creo que debo comenzar dicindo que esta serie non é apta para aqueles que non toleran o sangue e as feridas, pois aparecen en primer plano. A historia falanos sobre un amor imposible entre un médico nobre e una aldeana enfermeira, típico cliché, namóranse, prométense e se ven separados por un matrimonio de conveniencia. Pero ante todo Hospital Real e, por dicilio de algunha maneira, unnha reflexión sobre a vida e a morte. Xa o primeiro capítulo engancha pola súa boa presentación dos personaxes e unha moi boa ambientación, que creo que neste tipo de series é moi importante, si, hai cousas que poderían mellorarse pero bueno, non se pode ter todo. Pola tanto recoméndolla a todos aqueles fans das historias románticas e das series de época.

Déixovos aquí o enlace para ver a serie: http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/hospital-real



O FARO image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: outubro de 2013
Fin de emisión: 
Xénero/s: drama
Director/es: Gerardo Rodríguez, Jesús Font
Actor/es principais: Adrian Castiñeiras, Alejandro Carro, Anibal Soto, Belén Constenla, Carlos Olalla, Cesar Goldi, Chisco Amado, Clara Gallo, Fernando Tato, Julia Möller, Laura Ponte, Luisa Merelas, Manuel Millán, Manuel Regueiro, Sonia Rua, Susana Sampedro, Xoel Fernández, Rebeca Montero, Raquel Espada, María Tasende, Marta Lado, Miro Magariños, Pedro Freijeiro, María Mera
Tempadas: 7 tempadas
Capítulos: 510 capítulos

Benvidos ao Faro, un restaurante familiar onde se serve comida caseira, un lugar querido por todos onde a camareira, Lucía, lembra os gustos de cada un dos clientes, onde a avoa Fina cumpre todos os caprichos destes, onde Ánxela ten o seu reino particular na súa cociña e onde se criou Xosé. Lucía criouse tamén entre estas mesas e aínda que ás veces soñe con montar o seu propio restaurante, moito máis urbano, cando O Faro a necesita vai ser a primeira en loitar por el.
No Faro acaban confluíndo todos os personaxes, todo ocorre aquí, é case un refuxio para moitos dos nosos protagonistas: Xesús atopa alí a familia que xa non ten cerca, Iolanda come o arroz con leite que xa ninguén lle fai, Pilar acode tras pechar a gasolineira… Moitos teñen incluso a súa mesa, e outros terana…
Pero a vida deste entrañable e apracible lugar que se mantivo en pé durante décadas vai cambiar para sempre, este negocio familiar que montaron os pais de Fina está ameazado, o que fará que os espectadores teñan a alma nun puño por saber cal será o futuro deste lugar.

Opinión persoal: pois como eu adoro as comparacións hei de dicir que esta serie recórdame profundamente á famosa serie chamada Aida. Esa gran familia formada a partir dun negocio como é O Faro, pero que en vez de ser só un bar ou un lugar de oficio, é un fogar, para todos aqueles que traballan nel e o visitan frecuentemente. Sen duda transmite unha sensación de familiaridade reconfortante. É unha desas series para facer maratón.

Déixovos por aquí o enlace para poder ver todos os capítulos: http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/o-faro

Fariña image
FICHA TÉCNICA:
Inicio de emisión: 2018
Fin de emisón: descoñecido
Xénero/s: thriller, drogas, anos 80
Director/es: Carlos Sedes, Jorge Torregrosa
Actor/es: Javier Rey, Tristán Ulloa, Miquel Fernández, Manuel Lourenzo, Antonio Durán, Carlos Blanco, Jana Pérez, Marta Larralde, Tomar Novas, Fran Lareu, Xosé A. Touriñán, Celso Bugallo, Monti Castiñeiras, Cristina Iglesias, Chechu Salgado, Iván Marcos, Alejandro Carro
Tempadas: 1 tempada
Capítulos: 10 capítulos

A reconversión da pesca deixa unha parte da flota galega en terra e centos de armadores endeudados. Non hai traballo en moitos pobos pescadores que recorren a costa galega e a falta de ingresos e os pagos cotidianos estrangula as economías familiares. É o caldo de cultivo perfecto para que se produzca a gran transformación: os antigos traficantes de tabaco dan o salto a algo máis grande, máis lucrativo, pero moito máis perigoso: as drogas.

Opinión persoal: para min Fariña é creible, real como a vida mesma e ao mesmo tempo cóntache una historia de mafiosos sen abusar da violencia e persecucións. Non hai estereotipos claros, e sin duda o que máis me gusta é que para un personaxe tan importante como o que representa Javier Rey (Sito Miñanco) sexa galego e que así teña ese acento que debe ter o personaxe.
Sen duda é unha serie digna de ver non só por unha gran historia senón tamén polo ben que está producida.

Aquí déixovos un enlace para ver os capítulos da serie: https://www.dailymotion.com/video/x6gu0i7

  • ATENCIÓN: A SERIE EMÍTESE EN CASTELÁN 

Vivir sen permiso image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 24 de setembro de 2018
Fin de emisión: ---
Xénero/s: thriller, drama
Director/es: Aitor Gabilondo, Manuel Rivas
Actor/es: José Coronado, Álex González, Claudia Traisac, Luis Zahera, Pilar Castro, Alex Monner, Ricardo Gómez, Giulia Charm, Carlos Hipólito...
Tempadas: 1 tempada
Capítulos: ---

Vivir sen permiso narra o declive dun líder poderoso, dominante e temido que controlou con man de ferro durante anos a súa localidade e o espectáculo cruel e despiadado que ofrecen os seus familiares e achegados por facerse co control do seu imperio. Pasións, rivalidades e intereses enfrentados; intensas tramas emocionais e persoais e momentos violentos e impactantes propiosdo thriller son os eixes en torno ao que se vertebra a serie.

Opinión persoal: como xa nos ocorreu con Fariña, outra serie ambientada en Galicia xira en torno ao negocio das drogas, salvo que neste caso é unha serie sacada por mediaset e non atresmedia. Quitando este estereotipo sobre a nosa terra, que parece expandirse cada vez máis, mediaset non nos defrauda cunha serie adictiva e emocionante. Cunha trama interesante que fai que non teñas gañas de levantarte do sofá e cun reparto que non deixa indiferente a ninguén. Coa estelar actuación de José Coronado que sempre nos sorprende, e coa colaboración daqueles actores galegos que non nos pasan desapercibidos polo noso marcado acento. Unha serie que recomendo ao 100%.

Aquí vos deixo un enlace para ver os capítulos https://www.mitele.es/series-online/vivir-sin-permiso/1537782138333

  • ATENCIÓN: A SERIE EMÍTESE EN CASTELÁN

El final del camino image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 11 de xaneiro de 2017 
Fin de emisión: 1 de marzo de 2017
Xénero/s: histórica, de aventuras
Director/es: Miguel Alcantud Díaz, Óscar Pedraza Fernández, Miguel Conde Otero
Actor/es: Antonio Velázquez, Asier Etxeandia, Javier Rey, Begoña Maestre, Cristina Castaño, Guillermo Barrientos, Jaime Olías, Petricia Peñalver, Manuel de Blas, Juan Fernández, Ismael Martínez, Maxi Iglesias
Tempadas: 1
Capítulos: 8
Duración: 75 min

O final do Camiño" é unha serie de aventuras que recrea os convulsos anos da construción da catedral de Santiago, entre 1075 e 1120. Producida por Voz Audiovisual para Televisión de Galicia e Televisión Española, esta superprodución de oito capítulos conta con impactantes decorados para poñer contexto á historia de tres irmáns e á súa relación con personaxes da época como os bispos Peláez e Xelmírez, ou a raíña dona Urraca.A ficción arranca cun ataque sarraceno que acaba coas vidas dos pais dos irmáns De Catoira e marca para sempre os seus destinos. Gonzalo convértese en soldado cristián, Estevo, en aprendiz de construtor e traballador das obras da catedral, e Pedro, secuestrado de cativo, nun fervoroso guerreiro musulmán. Os tres serán pezas clave na historia do seu tempo, coñecendo a ambición do bispo Peláez por edificar un templo que compita con Roma, a de Alfonso VI por conseguir o maior imperio cristián da época, a da raíña Urraca por ostentar o poder dun rei, ou a de Yusuf Ibn Tasufin por acabar cos cristiáns da península. Haberá tamén personaxes anónimos que encarnan o día a día da Compostela da época, como un médico xudeu que loita por salvar vidas contra os mandatos da Igrexa, un monxe que pon o contrapunto á ostentación e vanidadedas autoridades relixiosas ou un comerciante con pouca ética que ansía unha cidade próspera.

Opinión persoal: o primeiro que teño que dicir e que a serie conta con bastantes estereotipos, televisión española tivo como outras moitas veces a intención de facer unha serie que ensine historia a mesma vez que entreten. Eu na miña opinión hei de dicir que non quedei de todo satisfeita pois paréceme un pouco forzado todo, e nótase que a serie non tiña un gran presuposto pola sensación de falsedade dos decorados e para min ten demasiada mestura de personaxes. Polo tanto quizáis si vos gustan as series de historia podedes probar a vela pero sen duda eu quedei decepcionada

Aquí vos deixo o enlace para ver os capítulos: http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/o-final-do-camino-proximamente

  • Aínda que a serie fíxose tanto en castelán como en galego, no link atoparedes a serie en galego

Los pazos de ulloa  image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 9 de decembro de 1985
Fin de emisión: 30 de decembro de 1985
Xénero/s: drama, historia
Director/es: Andrés Vicente Gómez
Actor/es: Jose Luis Gómez, Omero Antonutti, Charo López, Victoria Abril, Pastora Vega, Nacho Martínez, Fernando Rey, Chus Lampreave, José Luis Manzano
Tempadas: 1 tempada
Capítulos: 4 capítulos

Aos Pazos de Ulloa, un recóndito e salvaxe paraxe, onde a relixión e a bruxería, as paixóns e a política, se entretexen en plena natureza, chega Don Xulián, un curita delicado e de sensible pureza que foi enviado como administrador de hacienda do Marqués. A súa chegada terá imprevisibles consecuencias. Don Pedro, marqués de Ulloa, un señor feudal empobrecido e corrupto, vese impedido a casarse con Nucha, unha señorita da cidade, curmá súa, para que o hostil e cruel ambiente dos pazos constituirá unha infernal pesadelo. Sabel, criada da perversa beleza, ca que o Marqués tivo un fillo bastardo, é a figura oposta a fráxil Nucha.

Opinión persoal: creo que esta é a serie máis antiga que traio para este recunchiño do blogue, unha serie dos 80. E por culpa de iso deixa cousas que desexar. Por exemplo fálanos dunha Galicia bruta e analfabeta, donde o esotérico xoga un papel demasiado relevante. Entendo que se quere dar unha imaxe da España profunda pero déixanos ao pobo galego como os incultos e maleducados. Sen duda a trama vai floxeando ao longo dos capítulos. E iso que tan só ten catro. Como conclusión é de dicir que esta serie defraudoume completamente, non é que tivera as espectativas altísimas pero sen duda baixáronseme todavía máis ao vela.

Aquí deixovos o enlace para ver a serie: http://www.rtve.es/television/pazos-ulloa/

  • ATENCIÓN: A SERIE EMÍTESE EN CASTELÁN
Shin Chan  image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 1992
Fin de emisión:
Xénero/s: animación, familia
Director/es: Mitsuro Hongo, Keiichi Hara, Yuji Muto
Actores de dobraxe: Ana Lemos, Matías Brea, Charo Pena, Helena Amoedo, Montse Davila, Alicia Taboada, Teresa Santamaría, Ana Ouro, Óscar Fernández, Luís Iglesia, Alfonso Valiño, Nora Abad...
Capítulos: 940 capítulos

Shin-chan é un manga e unha serie de animación sobre a vida dun neno de 5 anos extravertido, falangueiro, descarado e moi larpeiro.

Opinión persoal: estou segura de que a gran maioría das persoas viu na súa vida polo menos un capítulo desta refrescante, imaxinativa e divertida serie como é Shin-chan. Que a todos sacounos un sorriso ver a Himawari babear polos mozos ben feitos e a Misae botarlles a bronca a Shin-chan e Hiroshi. Que todos cantamos algunha vez a icónica canción de entrada. E que a casi nadie lle gustou que a eliminaran do espazo xuvenil de Xabaríl Club.
E recomendo esta serie tanto para cativos, como para o grupo xuvenil e mesmo adulto.

Os capítulos podédelos ver aquí: www.osarquivosdameiga.com 

Doraemon, o gato máxico image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 1979
Fin de emisión: 
Xénero/s: animación, familia, aventuras
Director/es: Ayumu Watanabe
Actor/es de dobraxe: Charo Martínez, Xermana Carballido, Tonia Fuentes, Ana Ouro, Antía Jiménez, Helena Amoedo, Chelo Díaz, Manuel Pombal, Nacho Castaño, Maria José Collazo, Isabel Vallejo, Xoán Diéguez, trini Morenza, Ana Santos, Teresa Santamaría, Nora Abad, Catherina Martínez, Beatriz Bravo, Jorge Pedrosa.
Capítulos: +950 capítulos

Nobita Nobi é un neno de 10 anos sen grandes preocupacións na vida. Un día un gato robot grande aparece polo caixón do seu escritorio e preséntase coma un viaxeiro do século XXII, ao mandaron para que a súa lacazanería non leve á perdición a súa familia. E para isto posúe un peto máxico con aparellos cos que calquera cousa que se imaxine se pode convertir en realidade.

Opinión persoal: igual que pasa con Shin-chan é unha serie que estivo moi presente na infancia e adolescencia de moitos de rapaces. Parte da programación do Xabaríl Club, todos sufrimos os cantos de Xigante, a chulería de Suneo e a vagancia de Nobita. Todos vimos a Nobita namorarse de Shizuka e todos quixemos ter un amigo cun peto máxico como o de Doraemon.
Sin duda unha serie que todos os rapaces deben ver.
Heidi image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 2013 (en Galicia)
Fin de emisión: xuño 2013 (en Galicia)
Xénero/s: animación, familia, anime, kodomo
Director/es: Isao Takahata
Actor/es de dobraxe:
Capítulos: 52 capítulos

Heidi é unha meniña de cinco anos de idade, orfa de pai e nai, é levada pola súa tía Dete ás montañas suízas a vivir co seu avó unha vez que esta cre que xa cumpriu co seu deber. Ó principio, o "Vello do Alpes", como é coñecido nas aldeas veciñas, non está moi pola labor de ter que coidar da nena. Porén, a inefable tenrura e alegría da súa neta, fai que ós poucos vaia mudando de carácter, non só con ela senón que tamñén co resto da veciñanza.
Heidi descubriu unha encantadora vida nas montañas e non desexa liscar. Axiña fai amizade cun pastorciño chamado Pedro, e xuntos toman agradables paseos nas montañas coas cabras. Heidi rapidamente gaña o cariño de todos, mesmo da avoa de Pedro, unha anciá débil e cega. Desgraciadamente, unha gran tristura aféctaos a todos o día en que Dete retorna para levar a Heidi canda ela, xa que asegura ter atopado un bo traballo na cidade de Frankfurt (Alemaña) e alá Heidi servirá como compañeira para Clara Sesemann, a filla do señor Sesemann. Na cidade, Heidi descobre que Clara está enferma e non pode camiñar, dependendo dunha cadeira de rodas para se poder mover, alén diso, decatarase que é unha nena de moi bo corazón, pronto farán unha grande amizade. Neste novo fogar Heidi terá que soportar á estrita Señorita Rottenmeier, con quen nunca logrará levarse ben. Cando Heidi volte por fin onda seu avó e os seus amigos nas montañas dos Alpes, recibirá a visita de Clara e maila súa avoa, e aló, nas montañas, realizarase un milagre que será unha grande alegría para todos.

Opinión persoal: como xa tamén pasou nas dúas últimas reseñas desta categoría e pasará en moitas destas reseñas, esta serie é un clásico que todos os rapaces deben ver polo menos unha vez na vida. Con cancions que todo o mundo sabe aínda que poda que non sepas de onde proceda ese mítico "Avoiño dime ti...". Ou a de comparacións que todos temos feito coa Señorita Rottenmeier. Ademais de todas estas cousas é unha serie digna de ver polos valores que transmite, como a amizade entre Heidi e Clara. E recoméndoa tanto para nenos como adultos.
Marco image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 1 de agosto de 2012
Fin de emisión: 11 de outubro de 2012
Xénero/s: animación, familia, anime
Director/es: Isao Takahata
Actor/es de dobraxe: Ana Ouro, Tacho González, Chelo Díaz, Marián Muíño, Montse Davila, Nacho Castaño, Charo Pena, Xosé Manuel Rodríguez, Isabel Vallejo, Alfonso Valiño.
Capítulos: 52 capítulos

Narra a historia da extensa e complicada viaxe dun neno de trece anos, Marco, desde Italia ata Arxentina, na busca da súa nai, que emigrara a ese país sudamericano dous anos antes para poder traballar e dar unha mellor vida aos seus fillos. A serie narra unha cruda visión da emigración italiana do século XIX.

Opinión persoal: se que son repetitiva pero é que estas series o merecen, unha serie que todos deben ver e cunha canción de apertura máxica e que todo o mundo sabe. Ademais de esto é unha serie emotiva coa que chorarás e te emocionarás, da que todos sacamos en claro o importa que son as nais e que unha amigo pode ser incluso un mono como Amedio.
Dragon Ball, ás bolas máxicas image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 8 de febreiro de 1990
Fin de emisión: 11 de xullo do 2012
Xénero/s: anime, infantil e xuvenil
Director/es: Daisuke Nishio
Actor/es de dobraxe: Jorge Pedrosa, Tonia Fuentes, Julio Lorenzo, Luz Tellería,Carolina Vázquez, Óscar Fernández, Antonio Durán, Alfonso Agra, Manuel Pombal, María José Collazo, Charo Martínez, Teresa Santamaría, Xosé Lois, Trinidad Morenza, Antón Pazos, Bernardo Xosé, Santiago Pousa, Julio Lorenzo, Fernando Bustelo, Santiago Pousa, Helena Amoedo, Ana A., Maika Aguado, Juan Diéguez, Alicia Borrás, Fernando Barreiro, Gonzalo Faílde, Tacho González, Coté Sansegundo
Capítulos: 291 capítulos
 
As bólas máxicas conta as aventuras do protagonista Son Goku, un forte e inocente rapaz que, despois de encontrarse con Bulma, proponse reunir as sete bólas do Dragón que conceden desexos. Despois de converterse en alumno do experto en artes marciais Mestre Mutenroi, el e o seu compañeiro e amigo Krilín compiten nun torneo que atrar ós meirandes loitadores do mundo. Despois emprende unha viaxe só e acaba enfrontándose e destruíndo o Exército de Red por si mesmo. Cando Krilín é asasinado despois doutro torneo, Son Goku busca vingarse do seu asasino, Piccoro Daimaō. Tres anos despois, Son Goku, agora un mozo adulto, debe loitar contra o fillo de Piccoro Daimao, Piccoro. Os restantes 325 capítulos do manga foron adaptados na serie anime Dragon Ball Z.

Opinión persoal: outra das series pertencentes á programación do espazo do Xabarín Club, e sin duda outra serie que marcou a varias xeracións, e todo comezou con esta serie basada no manga. Desta serie pouco podo dicir pois non vin moitos capitulos, tan só podo dicir que é unha serie digna de ver si eres fan dos mangas e do anime.
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 3 de setembro de 2003
Fin de emisión: non coñecido
Xénero/s: acción, aventuras, animación, familia
Director/es: Christophe e Benoît Di Sabatino
Actor/es de dobraxe: Óscar Fernández, Ana Ouro, Montse Davila, Antón Ja, Chema Gagino, Teresa Santamaría, Xerardo Couto, Matías Brea, Roberto Reboioro, Isabel Vallejo, Chelo Díaz, Tuto Vazquez, Xosé Manuel Rodríguez
Capítulos: 52

A serie está baseada en Garage Kids que trata de catro estudantes adolescentes que van á Academia Kadic, chamados Jeremie, Yumi, Odd e Ulrich, que descobren a Aelita, unha humana virtual, e viaxan a Lyoko por medio duns escáneres situados nunha fábrica abandonada. Teñen como misión defender a terra de XANA.
XANA trátase dun virus informático que toma posesión da supercomputadora e ataca ao mundo virtual de Lyoko, creado polo pai de Aelita, para conseguir a dominación do mundo. Ataca ao mundo activando as "torres", xeralmente de unha en unha, que actúan como acoplamentos ao mundo real. Os catro amigos teñen que virtualizarse usando os escáneres da fábrica, para axudar a Aelita a atopar a torre que está activa. Son unhas corenta torres dispersas polos cinco sectores de Lyoko: xeo, deserto, bosque, montaña e Cartago. Mentres que Jeremie se encarga de detectar os diferentes monstros que lles fan a vida imposible, guiarlles polo bo camiño e axudarlles todo o que pode dende a fábrica, os outros loitan contra estes monstros que XANA envía para que non cumpran co propósito de desactivar a torre.
Para desactivar a torre, Aelita ten que entrar nela e teclea o código (Lyoko), e así deter a XANA e máis seu ataque contra o mundo verdadeiro. Despois de conseguilo, a supercomputadora pode iniciar o "regreso ao pasado", se o ataque de XANA foi de grande importancia, deixando só cos recordos do devandito ataque aos nosos heroes.

Opinión persoal: súper recomendada, unha serie que xa non se emite (aínda que non coñezo ben a fecha de finalización) e que todos botamos de menos. Unha serie na que todos nos enamoramos dos persoaxes e que todos os rapaces queríamos ser como eles, nas que soñabamos con poder ir algún día a Lyoko. Na que os rapaces xogabamos a ser eles e nos peleabamos por ser o noso personaxes favorito. Pode que sexa repetitiv@ pero e que coas series do Xabarín Club a gran maioría das persoas crecemos e podo dicir que volver a vela e como voltar a esa época dos nosos primeiros anos de vida.

Aquí tedes un enlace onde poder ver os capítulos:
A ABELLA MAIA image
FICHA TÉNICA
Inicio de emisión: 19 de setembro de 2011
Fin de emisión:
Xénero/s: anime, familiar, amizade
Director/es: Mitsuo Kaminashi 
Actor/es de doblaxe: Ana Santos, Antía Álvarez Jiménez, Xoán Dieguez, Daniel Lema
Tempadas: 1 tempadas
Capítulos: 52 capítulos

A historia céntrase nas aventuras de Maia, unha pequena abella inqueda, aventureira e preguntona, así como da forma que ten de se desenvolver nunha contorna infestada de todo tipo de insectos e demais bechos. Maia é enviada pola abella reina a buscar pole para súa colmea. Nesa tarefa, Maia, canda ó seu inseparable amigo Willi o abáboro, descobre un mundo novo ó seu redor e establece amizade con numerosas criaturas do bosque como o saltamontes Flip, araña Tecla, a mosca Puck, o escaravello Kurt ou o rato Alexandro.

Opinión persoal: este e sin duda otra das series más míticas da televisión tanto gallega como española, non hai ninguén que non escoitara nalgún momento a súa canción de entrada. Todos coñecemos a amizade entre Maia e Willi. Unha das series que enganchan aos máis pequenos polas súas vivas cores. Unha das series que todos os pais deberían poñer aos seus fillos.

ONE PIECE image
FICHA TÉCNICA
Inicio de emisión: 20 de outubro de 1999
Fin de emisión: ---
Xénero/s: anime, acción, comedia, drama
Director/es: Eichiro Oda
Actor/es de dobraxe: Alfonso Valiño, Amelia Rodríguez, Ana Lemos, Andrés Bellas, Antón Cacelas, Antón Olmos, Antón Rubal, Beatriz García, Charo Pena, Chema Gagino, Daniel Lema, Gaspar Somoza, Gelos Rosado, Gonzalo Faílde, Helena Amoedo, Isabel Vallejo, Luís Iglesia, Manuel Pombal, Matías Brea, Miguel Pernas, Miriam Aldrei, Montse Davila, Nacho Castaño, Paco Barreiro, Teresa Santamaría, Xermana Carballido, Xosé tanas, Óscar Fernández.
Tempadas: ---
Capítulos: +600

Monkey D. Ruffy comeu de neno, accidentalmente, un froito do demo. Ruffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou incontables corsarios na procura do tesouro perdido.
Ruffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantando áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro.
Nas súas aventuras, Ruffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe pola Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.

Opinión persoal: sen duda para aos amantes do galego e do anime é un privilexio ver unha serie de anime tan recoñecida e icónica como One Piece traducida ao noso idioma. A serie conta con acción a raudales mezclada cun gran humor e unha longa historia moi ben entrelazada. E entreten a un público dende os tres ata os cen anos. Recoméndolla a todos aqueles que busquen un bo anime en galego. 
 
Pensa o que sentes image
Tipo: corto
Xénero: en contra a violencia de xénero
Protagonizada: colexio Manuela Rial Mouzo
Duración: 15 min
Orixe: Cee, Galicia
Fecha de estreno: 1 de decembro de 2011

Leonor, unha moza de quince anos alegre e divertida, está namorada de Ismael, un mozo da súa idade. O principio da relación todo iba ben, pero pouco a pouco, o comportamento del varia dun xeito repentino, chegando a ser agresivo e celoso.Coa axuda das súas amizades, Leonor, dase conta de que Ismael non a merece, e decide poñer fin a relación.

Opinión persoal: neste momento creo que é digno de comentar que este corto foi o premio dun concurso que gañou dúas das alumnas do colexio Manuela Rial. O corto fai reflexionar sobre que nas relación adolescentes tamén existe o machismo, e que todas podes renunciar a unha relación tóxica se así o queremos. Recomendo a súa visualización xa que tan só son 15 min, que podo asegurarvos que non son perdidos.
Xabarín club  image
FICHA TÉCNICA:
Tipo: programa recopilación
Xénero: infantil y juvenil
Protagonizada: Juanillo Esteban (voz de xabarín), Esteban Yánez, Lorena Sebastián e Ana Múgica
Dirección: Alberte Casal, Francisco Carballés
Duración: 220 min
Fecha de estreno: 18 de abril de 1994
Fecha de final: actualidade
Hora de programación: 17.00
Series recopiladas:
  • Amigo Lobo
  • Black Jack
  • Blue Dragon
  • CatDog
  • Código Lyoko
  • Cousas de Locos
  • Contos da Cripta
  • Doraemon
  • Detective Conan
  • Dragon Ball, Z, GT, Kai
  • Dr. Slump
  • El show de Correman 
  • Freaky Stories
  • Gardfiel e os seus amigos 
  • Gran Sushi 
  • Heidi
  • Inspector Gadget
  • Kiterestsu
  • Kochikame
  • A vida moderna de Rocko 
  • Martín Mystery
  • Marsupilami
  • MegaMan NT Warrior
  • Minuscle
  • Neon Genesis Evangelion
  • Ninja Hattori
  • Ninja Boy Rantaro
  • One Piece
  • Sailor Moon
  • Samurai Champloo
  • Sargento KEroro
  • Shin-chan
  • Teletubbies 
  • Tottaly Spies!
  • Vaca e polo
  • Vickie o vikingo
Sitio de emisión: TVG

É un espazo da TVG que inclúe series de animación, videoclips de grupos musicais e espazos de producción propia. Xabarín club convertiuse nun fenómeno social con máis de 100 000 rapaces e rapazas afiliados e contan tamén con Xabaxiras.

Opinión persoal: quen non veu nalgún momento este famoso espacio da TVG, tantas horas vendo aquí os nosos debuxos, dos cales moitos serán reseñados neste mismo blogue. Este espazo que todos vimos e algún todavía ven, que todos os pais deberían poñerlle aos seus fillos polas mañás. De este programa tan clásico só teño que dicir que todos os rapaces debrían velo nalgún momento.

Aquí tedes o enlace da páxina oficial: http://www.crtvg.es/tvg/programas/xabarin-club
LUAR image
FICHA TÉCNICA
Tipo: programa de televisión
Xénero: musical, comedia
Presentada: Xosé Ramón Gayoso
Protagonizada: gran número de integrantes e invitados
Dirección: Teo Manuel Abad e Xosé Ramón Gayoso
Fecha de estreno: 18 de septiembre de 1992
Fecha de final: actualidade
Hora de programación: venres ás 22.00
Sitio de emisión: TVG

Luar é o único programa do seu xénero en todo o panorama da televisión estatal que abrangue arredor das tres horas en directo. O programa musical e de humor da TVG converteuse tamén nunha plataforma de promoción tanto do novo talento musical como do humorístico de Galicia.

Opinión persoal: outra dos programas que sin duda é icónica na nosa cultura televisiva. Onde en todas as casas, polo menos una vez viuse este marabilloso programa. Onde podemos disfrutar de música tanto de artistas consagrados como Rosario Flores ou Azúcar Moreno, de xa famosos cantantes galegos como Miriam Rodríguez, Luis Cepeda ou Roi Méndez e cancións cantadas por coros escolares e pequeños grupos. Aínda que os que mellor o pasan son os máis maiores da casa os pequenos tamén o disfrutan.

Mar adentro  image
FICHA TÉCNICA
Tipo: película
Xénero: drama, biográfica
Protagonizada: Javier Bardem, Belén Ruedas, Lola Dueñas, Mabel Rivera, Celso Bugallo
Dirección: Alejandro Amenábar
Produción: Alejandro Amenábar, Carlos Núñez
Guión: Alejandro Amenábar, Mateo Gil
Idioma: castelán, galego, catelán
Duración: 125 min
Fecha de estreno: 2004

Ramón leva case trinta anos encerrado no seu corpo, postrado nunha cama ao coidado da súa familia. A súa única fiestra ao mundo é a da súa habitación, xunto ao mar, polo que tanto viaxou e onde sufriui o accidente que interrumpiu a súa xuventude ao lanzarse ao mar en As Furnas (Porto do Son), sen haber suficiente profundidade. Dende entón o seu único desexo é rematar coa súa vida mediante o suicidio asistido, desexo truncado por ser unha práctica ilegal en España.

Opinión persoal: como galeg@ sintome profundamente orgullosa de que unha película que trata sobre un galego e cuxo título é inspirado por unha canción da escritora Rosalía de Castro sexa receptora de tantos premios e nominacións. Entre elas, Premio Óscar a mellor película de fala non inglesa (gañadora), mellor maquillaxe (nominda), gañadora de catorce Premios Goya de quince nominacións que tiña, gañadora dun Premio Globo de Oro, dun Premio Independent Spirit entre outros tantos.
É unha película digna de ver aínda que algún críticos a traten de empalagosa e mediocre é un incrible filme que trata un tema tachado moitas veces de tabú como é a morte, e máis si é unha morte causada por voluntade propia. Pero se que case todos os que vimos a película entendemos a súa decisión porque a ninguén lle atrae a idea de ser unha carga para os seus seres queridos e non poder valerte por mesmo. Recoméndovola ver aínda que agora os seus gráficos non nos parezan tan incríbles.
La lengua de las mariposas image
FICHA TÉCNICA
Tipo: película
Xénero: drama, anos 30, infancia, ensinanza, colexio
Protagonizada: Fernando Fernán Gómez, Manuel Lozano, Uxía Blanco, Gonzalo Martín Uriante, Jesús Castejón, Guillermo Toledo, Tomar Novas, Celso Bugallo
Dirección: José Luis Cuerda
Guión: José Luis Cuerda, Rafael Azcona, Manuel Rivas
Idioma: castelán
Duración: 97 minutos
Fecha de estreno: 1999

Trata da relación dun neno e o seu maestro durante os meses previos á sublevación militar da Segunda República que deron comezo á guerra civil española. Ábrese coa presentación do conto Moncho, quen ten medo de ir á escola ao dicirlle que os profesores pegan aos rapaces. Pero Don Gregorio non é así utiliza o método de observación como ensinanza. Durante estos sucesos ocorre a guerra en Madrid, e o profesor ensina moitas cousas a Moncho principalmente sobre a liberdade.

Opinión persoal: eu son moi fan de facer símiles entre as cousas que reseño e series e películas que marcaron a historia da televisión e do cine. E esta serie pódese comparar perfectamente coa película "El club de los poetas muertos", "los niños del coro" e coa reciente serie de atresmedia "Merlí". Estas películas e serie coinciden coa que temos entre mans pola aparición dun profesor que o cambia todo, un que ensina cousas que os demais non, un que rompe cos estereotipos. Ademais de iso é unha película que aparte de ensinar certos valores achéganos tamén a historia da nosa terra. Nominado a moitos premios e gañadora dun Goya ao mellor guión adaptado, pois temos que dicir que a serie é a adaptación dun libro, e nesta misma categoría gañadora da medallas del Círculo de Escritores Cinematográficos​​​​. Se no vos fiades da miña opinión tan só tedes que mirar as críticas da película que a describe como conmovedora, hermosa, triste, humanista, poética e un montón máis de adxectivos cos que estón totalmente de acordo. 

O APÓSTOLO image
FICHA TÉCNICA
Tipo: película
Xénero: animación stop-motion 3D
Protagonizada: Carlos Blanco, Paul Naschy, Jorge Sanz, Geraldine Chaplin, Luis Toscar, Xosé Manuel Olveira, Celso Bugallo, Manuel Manquiña, Isabel Blanco
Idioma: galego, español
Duración: 72 minutos
Fecha de estreno: 2012

Un convicto recentemente fugado do cárcere intentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea galega; mais o que alí atopará supón unha condena todavía maior da que fuxiu. Tétricos anciáns, estrañas desaparicións, pantasmas, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzarán os seus camiños nunha historia de terror, humor e fantasía.

Opinión persoal: nesta ocasión traio comigo unha película de animación que é un tanto máis tétrica do que estamos acostumados. Aínda así a película está moi ben, cuns grandes detalles nos bonecos, o feito de que sexan de plastilina tráenos recordos da famosa serie "La oveja Shaun", é unha pena que por non ser unha animación de pixar, disney ou así déselle tan pouca importancia. O que sí e un incríble conto de intrigas, santa compaña e ladróns, mais perfectamente adaptado a un público infantil. Sen duda recoméndova.

Déixovos aquí un link para ver a película: http://www.oapostolo.es/

I BUILT MY SITE FOR FREE USING