FICHA TÉCNICATipo: película
Xénero: drama, anos 30, infancia, ensinanza, colexio
Protagonizada: Fernando Fernán Gómez, Manuel Lozano, Uxía Blanco, Gonzalo Martín Uriante, Jesús Castejón, Guillermo Toledo, Tomar Novas, Celso Bugallo
Dirección: José Luis Cuerda
Guión: José Luis Cuerda, Rafael Azcona, Manuel Rivas
Idioma: castelán
Duración: 97 minutos
Fecha de estreno: 1999
Trata da relación dun neno e o seu maestro durante os meses previos á sublevación militar da Segunda República que deron comezo á guerra civil española. Ábrese coa presentación do conto Moncho, quen ten medo de ir á escola ao dicirlle que os profesores pegan aos rapaces. Pero Don Gregorio non é así utiliza o método de observación como ensinanza. Durante estos sucesos ocorre a guerra en Madrid, e o profesor ensina moitas cousas a Moncho principalmente sobre a liberdade.
Opinión persoal: eu son moi fan de facer símiles entre as cousas que reseño e series e películas que marcaron a historia da televisión e do cine. E esta serie pódese comparar perfectamente coa película "El club de los poetas muertos", "los niños del coro" e coa reciente serie de atresmedia "Merlí". Estas películas e serie coinciden coa que temos entre mans pola aparición dun profesor que o cambia todo, un que ensina cousas que os demais non, un que rompe cos estereotipos. Ademais de iso é unha película que aparte de ensinar certos valores achéganos tamén a historia da nosa terra. Nominado a moitos premios e gañadora dun
Goya ao mellor guión adaptado, pois temos que dicir que a serie é a adaptación dun libro, e nesta misma categoría gañadora da
medallas del Círculo de Escritores Cinematográficos. Se no vos fiades da miña opinión tan só tedes que mirar as críticas da película que a describe como conmovedora, hermosa, triste, humanista, poética e un montón máis de adxectivos cos que estón totalmente de acordo.