Dalia, a modista image
FICHA TÉCNICA:
Inicio de emisión: 2015
Fin de emisión: 
Xénero/s: intriga e misterio
Director/es: Giselle Llanio
Actor/es:  María Mera, David Seijo, Cristina Collazo, Xoán Fórneas, Manuel San Martín, Mara Sáchez, Susana Sanpedro, Maria Roja, Rebeca Stones, Covadonga Berdiñas, Luisa Merelas, Fran Paredes, Fernando González, Mercedes Castro, Carolina Vázquez, Casilda Alfaro, Machi Salgado, Luis Seoaxe.
Tempadas: 1 tempada
Capítulos: 4 capítulos 

O argumento artéllase arredor dunha trama de misterio, amor e superación, ambientada nos anos 50. Conta a historia de Dalia, unha moza modista que chega a Prescedo, coa súa máquina de coser Singer, na procura de respostas sobre o suicidio de súa nai. Alí, descubrirá a dobre vida que levaba a falecida e atoparase cunha vila chea de segredos, onde loitará por facer realidade os seus soños de modista.
A serie foi gravada, entre outras localizacións, no pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, e nos concellos de Noia e Vedra.

Opinión persoal: sen duda unha historia increíble que cautivou a centos de espectadores, comigo incluída merecedora de todos esos premios aos que foi nominada. Desde aquí mando un aplauso aos actores, a perruquería, maquillaxe, vestiario e a escenógrafa/o. Unha serie que nos conta como ven di a sipnosis unha preciosa historia de amor, misterio e superación, na que ademais ainda que a muller e costureira lábrase un futuro.
Déixovos aquí o enlace para ver os capitulos: http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/dalia-a-modista/v/dalia-capitulo-1

I BUILT MY SITE FOR FREE USING