FICHA TÉCNICA Inicio de emisión: Maio 2015
Fin de emisión: Agosto 2015
Xénero/s: época, drama, romance, intriga
Director/es: Jorge Cassinello
Actor/es principais: Antonio Durán, Pedro Alonso María Vázquez, Pedro Freijeiro, Mariña Sampedro, Xosé Barato, Xúlio Abonjo, Luis Zahera, Susana Dans María Roja, Francis Lorenzo, Sonia Castelo, Nerea Barros, Miguel de Lira, Tamara Canosa, Javier Gutiérrez, Victor Duplá, Carlos Blanco.
Tempadas: 1
Capítulos: 15
Olalla Taboada é una rapaza campesiña que atopa a un home ferido no Camiño de Santiago. Resulta ser Daniel Álvarez Castro, un xoven compostelá que leva anos estudando e traballando nun hospital de París e que se ve obrigado a regresar a casa pola orde dos seu pai. É o herdeiro dunha das familias máis ricas de Santiago. Daniel e Olalla namóranse, e ela, animada por Daniel, decide viaxar a Santiago para cumprir o seu sono de ser enfermeira no Hospital Real, ademais de casarse con el.
A partir de aquí, iranse sumando personaxes e o amor cederá terreo á intriga, asasinatos e venganzas, coa mediciña e un delicado contexto social e político como paño de fondo.
Opinión persoal: creo que debo comenzar dicindo que esta serie non é apta para aqueles que non toleran o sangue e as feridas, pois aparecen en primer plano. A historia falanos sobre un amor imposible entre un médico nobre e una aldeana enfermeira, típico cliché, namóranse, prométense e se ven separados por un matrimonio de conveniencia. Pero ante todo Hospital Real e, por dicilio de algunha maneira, unnha reflexión sobre a vida e a morte. Xa o primeiro capítulo engancha pola súa boa presentación dos personaxes e unha moi boa ambientación, que creo que neste tipo de series é moi importante, si, hai cousas que poderían mellorarse pero bueno, non se pode ter todo. Pola tanto recoméndolla a todos aqueles fans das historias románticas e das series de época.
Déixovos aquí o enlace para ver a serie:
http://www.crtvg.es/en-serie/as-nosas-series/hospital-real